Hoxe decidín, aproveitando uns días libres, revisitar algún proxecto dos que teño no tinteiro, que poucos non son…
🤦
A revisita acabou en exercicio de análise para decidir cal dos proxectos revisitar, pero esa historia é para despois. O motivo desta entrada é que o exercicio de análise acabou en autopsia….
Hai xa uns meses amousou síntomas de EOL (End of Life). Algún tema de alimentación que lle impedía cargar a batería, e mesmo era preciso sacarlla para poder conectar AC e arrancar. O seu estado fixo que deixase de usalo, ata que hoxe o quixen acender e só chiscou un triste e breve adeus azul do led de encendido.
💔
Incontables horas en moitos lugares merecen un pouco de solemnidade, e quixen darlla a través deste post máis ladrillo do habitual, pola cantidade de momentos que esta máquina compartiu comigo.
@shitbook
É o nome dun netbook que merquei no ano 2011, en pleno 15M. Daquela traballaba na Coruña, e a ocupación das plazas colleume sen portátil. Sempre fun de torres, pero lóxicamente para cambiar o mundo dende a plaza do obelisco precisaba algo portable, e collín o trebello máis asequible que vin na FNAC. Un Aspire One moi modesto que montaba Intel Atom e un triste giga de RAM. Co tempo, esta carencia de recursos fixo que o bautizase como shitbook.
Daquela os meus coñecementos de Linux eran os xustos, pero xa había tempo que renegara completamente de Windows ata o punto de non telo nos meus equipos. O primeiro que fixen ao saír da tenda foi ir ao piso a instalarlle Ubuntu e deletear calquera traza do Win 7 que traía de serie. Naquel entonces era o sistema que usaba tanto na casa coma no traballo, perfecto para iniciados coma min.
Feito isto, arranquei para o obelisco sen saber que aquel sería o día en que debuxaría o organigrama no dia, unha aplicación que me descubriu un compañeiro da que despois sería a Comisión de Comunicación. O curioso do asunto é que dalgunha maneira aquilo marcou ata o punto de convertirme no tipo do organigrama. Unha comedia.
😆
Neste trasto foi onde debuxei o organigrama de Acampada Coruña, cousa épica onde as haxa.
Lembro a M. interesarse polo hardware en canto o sentei no colo e o acendín, e tamén que me preguntou qué opinaba de unity, que acababa de saír. Eu daquela tiña 0
idea, era moi newbie e pouco lle puiden aportar. Días despois nunha de tantas conversas entereime que tiña un blog bastante xeitoso no que segue a escribir.
Anos despois, cando decidín emanciparme de mamá debian e botarlle o ollo a Arch, foi a primeira máquina onde instalei Manjaro. Seguía sendo torpe - e vago - como para montar un Arch de verdade, e o coidada que está Manjaro segue a gustarme ata hoxe. Nesta máquina foi tamén onde probei i3 e coñecín o concepto dos tiling window managers, e o certo é que sigo a usar i3 hoxe.
Manjaro deulle unha segunda vida, e corría bastante lixeiro pese ao limitado dos seus recursos. Desta época lembro un momento moi entrañable, aprendendo a usar o find
de GNU a base de ler os manpages en man
. Era inverno e estábamos en plena montaña, ao aire libre e ao carón dunha fogueira. Polo lembrar á perfección aquela sensación cálida, o crap crap do lume, e o aroma da leña de carballo facendo brasa…
❤
Volvendo ao fío, que me vou polas ramas, o caso é que @shitbook xa está para o arrastre, ata o punto de que ter que sacarlle o disco para poder bucear nos seus recordos, e chega o momento de operar.
Non é que a operación sexa complexa, pero vencer a ansia de procrastinar ten o seu aquel.
Sen dúbida autopsia era o termo máis adecuado. Tomeime o meu tempo, e deixei cada tornillo - parafuso para os da Real Academia de Gaiteiros - no seu sitio.
Mesmo saquei un par de fotos para probar de paso a ilustrar un post e practicar algo de branching dende @miae.
Antes de conectar os recordos do finado para bucear neles, un dmesg -w
deixame boas vibracións ao respecto da saúde do disco. Non podo evitar lembrarme do sensei despois dun lsblk
e ver o tamaño que deixei no seu día para a swap…
1 | lsblk |
Para onde ía eu con 7 gigas de swap?
😂
Sorpréndeme ver o ls /run/media/lolo/REPOS
, pero iso é parte doutra historia.
Acabarei facendo unha sección de dispositivos, e entre outras máquinas terá o seu lugar especial @shitbook.
Descansa en Paz
L.