🤔
Xa hai uns cantos anos - buf, 7 de Febreiro do 2016 - escribín sobre a philosophy behind the iai term, o “Concepto” do “PROXECTO” - con maiúsculas. Maiúsculas porque iai é para min algo así como un proxecto de vida. Algo importante, por iso ten ese nome.
The term iai is taken from the japanesse martial art iaido. Under the hood it has a deep philosophical meaning. iaido is the path of personal reintegration, the fight against the ego to reach the purity of mind,
The union of mental and physical entities to reach the harmony of the spirit.
The iai term comes from two ideograms. i means spirit and ai means union, harmony. Together, the spirit union or the spirit harmony.
The word is short, symmetric, and easy to read. It’s just beautiful, and suggests quickness. This attribute built the slogan:
As fast as say “iai”
Por aquel entón tiña claro que unha ferramenta dixital orientada a manter o enfoque era “a maneira” de ir máis rápido. Pensaba que a ferramenta definitiva, a que eu ía crear, serviría para hackearme a min mesmo mentalmente. Era “o que necesitaba”…
Sen quitarlle valor ao potencial que ten a ferramenta, o que non entendía era que ir máis rápido non significa “chegar antes”.
Sexa como for, redactei textualmente que a clave era unha mental attitude, é decir, un estado mental que implica creencias, sensacións, valores, e decisións; de cara a actuar de formas concretas. Mesmo cheguei a definir a iai attitude (actitude iai) como a crenza persoal na seguinte afirmación:
Training through repetition is the path to master a technique
Ou o que é o mesmo A práctica fai ó mestre, El hábito hace al monje, etcétera. Inda apostillaba que ese é o motivo polo que iai é unha actitude, pois implica crer na nosa habilidade innata para mellorar.
Hoxe, lendo o que eu mesmo escribín, asáltanme preguntas variadas entre as que costa apartar o ruído para ir ao esencial. E con ir ao esencial refírome a algo que me dixo unha vez un ser a quen amo profundamente e que me chegou moi adentro:
A calidade da vida que vivimos é a calidade das preguntas que nos facemos
Sutilezas como que non é unha cuestión de a onde ir, senón dende onde vas; ou que non importa porqué camiñas, senon para qué camiñas.
Hoxe vexo palabras escritas por min hai anos e sorpréndeme a mensaxe. Paréceme que entre as liñas hai detalles que nin por asomo tiña interiorizados daquela. Sabía que automatizar procesos é o acelerador, e que repetir é clave para automatizar, mais paréceme que me perdín tentando xustificar sobre una cuestión de método sen pararme a observar a importancia da disciplina.
Certo é que no camiño estaba, sexan as que sexan as palabras, que de feito non importa ningunha das dese iai Concept sin o verdadeiro poder que olvidei anotado na portada e hoxe aparece ante min: as instruccións para decidir. E dice textualmente a primeira liña:
This procedure has one and only one goal: to put on practice the concept.
Apart from philosophy and excuses (see below), the process is simple:
- Observe and identify
- Research and decide
- Review and evolve (repeating 1, 2 and 3)
The key to maintain alive that cycle is to lose the fear of making mistakes while maintaining the ability to identify them.
It’s not that easy, but it’s possible.
Resulta que escribín sobre cómo tomar decisións o 30 de Xaneiro do 2016, antes que o Concept, pero só imprimín un papeliño - que inda conservo e teño na parede da habitación - en lugar de dous. E só con conceptos, todo queda nun plano abstracto. Levo tempo mirando só unha parte da ecuación: Faltábame - e fáltame - práctica. Todo é poñerse
Instruccións para decidir:
Observa, Investiga, Decide, Evoluciona, e repite continuamente. Perde o medo a equivocarte, e aprende dos teus erros.
Grazas por deixarmo anotado
L.
❤