Bitácora

Xa escribín demasiado código fonte que non quero deixar no olvido.

Conforme ano tras ano fun aprendendo e producindo fontes que podo considerar dunha mínima calidade, a carencia de coñecemento en métodos organizativos e malos hábitos - como a tendencia a monolitos - provocaron que a gran maioría das fontes que desenvolvín anden perdidas e misturadas en repositorios con demasiada basura, en distintos dispositivos, en distintos discos, …

O caos é a orde natural das cousas

E dentro dese caos que me move acabei facendo arqueoloxía sobre os meus propios pasos como desenvolvedor de software autodidacta, dando lugar a esta Bitácora.


Nomes propios

Isto é unha especie de índice de proxectos.

Cando un nome propio estea marcado, significa que fixen arqueoloxía no histórico do seu repositorio.

O primeiro grupo son proxectos que me importan máis e considero importantes para min. Ademáis creo firmemente que o nome de cada un deles está ben posto dado que ten significado propio, e mesmo polas letras e conceptos que conforman cada nome.

O segundo grupo son exclusivamente de paquetes para reuse de código con repositorio propio no github de iaigz. A maioría deles xurdiron moitísimo antes que o seu repositorio.

  • [x] util-callsite
  • [x] util-ansi
  • [ ] core-service
  • [ ] tool-sources
  • [ ] stream-keyboard
  • [ ] stream-io
  • [x] core-log
  • [ ] core-section
  • [ ] core-answer
  • [ ] wui

O terceiro grupo son proxectos moi relacionados con investigación e autoaprendizaxe, moitos deles con vida breve ou dalgún xeito abandonados pola causa que for.

  • [ ] practical-inheritance
  • [x] iai-oop
  • [ ] iai-schema
  • [x] dotfiles
  • [ ] iai-test
  • [x] iai-is
  • [ ] lorenzogrv.com
  • [x] iai-ide
  • [ ] iai-flow
  • [ ] iai-loader
  • [ ] iai-util
  • [ ] good-practices
  • [ ] lemmy-iai
  • [ ] iai-middleware
  • [ ] iai-component
  • [ ] tait
  • [ ] pingpong

Outra cousa que teño pendente é revisar o resumen de actividade do meu github


Arqueoloxía

Esta sección é unha sucesión de anotacións temporais en base á revisión de commits de distintos repositorios, que dalgún xeito agardo me sirva para facer autoanálise do camiño que levo recorrido como desenvolvedor de software autodidacta.

O obxectivo é construír unha liña temporal única, que se poda ler coma un diario

Isto é algo que leva tempo dada a cantidade de repositorios e commits, e os pasos que completei ata o de agora son:

  1. Apuntes temporais sobre dotfiles, basándome no histórico do repositorio de github. 6 de Decembro do 2020
  2. Apuntes do repositorio de bashido que ficaba no disco de @shitbook. 632 commits revisados o 7 de Decembro do 2020
  3. Apuntes do repositorio de autotest en @hopes. 662 commits revisados o 7 de Decembro do 2020
  4. 73 commits dos repositorio de iai-oop, 1 de util-callsite, 3 de core-log, 2 de util-ansi, 14 de iai-test, 13 de iai-is Revisados o 16 de Setembro do 2022
  5. 1 commit do repositorio de iai-ide. Atopeino por casualidade facendo outra cousa o 18 de Setembro do 2022, levei unha grata sorpresa ao lembrar qué facía por aquela. Volverá a integrarse no codebase de iai.

Conforme vou engadindo pasos á lista anterior e medra o número de apuntes, vou refactorizando para reconstruír a liña temporal.

Polo momento ten demasiado bruto, e fáltalle moito traballo aínda.

Ano 2012

  • Outubro 2012
    • 3
      • Día en que creo a miña conta en github. Nun inicio apodeina laconbass. Ha día de hoxe é @lorenzogrv

Ano 2013

  • Abril 2013
    • 23
      • data en que creo o repositorio de iai
      • Figuran commits (entre eles, o inicial) no github de iai-oop
    • 24
      • Atopo un commit no histórico de bashido que realmente ten que ver con iai, e reza ‘Prepare development start’
      • Version 0.0.31 no histórico de iai-oop
  • Maio 2013
    • 8
      • Figuran múltiples commits no github de iai-oop, que comezan con “0.0.4-beta”. Falan de tests :D
    • 13
      • evolving the iai oop concept to the iai oop compendium no github de iai-oop
    • 15 a 17: Atopo commits no histórico de iai-oop que falan sobre Composites e Deferred, FlowError. O 17 unha mensaxe reza Worked hard on deferred and testing it. It seems pretty stable
    • 19
      • “More tests and bugfixes” no repo de iai-oop
    • 20: Atopo un commit no histórico de autotest que reza added iai-modules to gitignore
  • Outubro 2013
    • 10
      • Atopo varios commits no histórico de autotest onde engado iai-oop e iai-util como submódulos ao repositorio de iai
      • Atopo un commit no repo de iai-oop que fala sobre a web de curricán, e algo dun cleanup
      • Commit inicial no repositorio de iai-is
    • 11
    • 15
      • Múltiples commits no repo de iai-oop, incluídas dependencias e licencia
      • Commit inicial no repo de iai-test, incluída licencia. “7 tests passing, 4 pending”. Parece que ía en boa dirección
      • Engado tests e actualizo a licenza e o readme en iai-is
    • 16
      • Working on practical inheritance paper no repo de iai-oop. Múltiples commits, entre eles fálase de practical-inheritance
    • 17
      • 3 commits en iai-oop, fálase de OopStandardApi e a independencia de “practical inheritance pattern”
      • Engado is.Module a iai-is
    • 18
      • un commit en iai-oop fala de cambios en iai-test
      • No repo de iai-test fitura que engadin test.buider e tests, hai un merge commit tamén
    • 22
      • un par de commits en iai-oop sobre #accessor
  • Novembro 2013
    • 18
      • Hai un commit cun cambio “chorras” no repo de iai-test
    • 29
      • Engado un feature para xerar tests cases basado en regex a iai-test, incluíndo tests
      • Engado is-literal a iai-is
  • Decembro 2013
    • 17
      • Modificacions practical-inheritance no repo de iai-oop
    • 18
      • Engado tooling para code coverage usando istanbul no repo de iai-oop e tamén no repo de iai-is
      • No repo de iai-is engado un feature “quick access” e o commit reza “prepare npm release”
    • 19
      • #internal + “prepare npm release” en iai-oop
      • is.Null, isUndefined, is.Empty, is.Bool + npm release en iai-is
    • 21
      • “experimental opp.callable api” en iai-oop
    • 23
      • Engado tooling para xenerar documentación usando doxit ao repo de iai-oop, e parece que a desplego en gh-pages

Ano 2014

  • Febreiro 2014
    • 21
      • “Add port to iai-flow” no repo de iai-oop
  • Marzo 2014
    • 10
      • Arranxo un bug con is.Absolute no repo de [`iai-is]
  • Maio 2014
    • 22: Actualizo practical-inheritance no repo de iai-oop
    • 22 ao 26: Primeiro tramo do desenvolvemento de dotfiles
  • Agosto 2014
    • 11 ao 18: Segundo tramo do desenvolvemento de dotfiles
    • 19: Único commit no repositorio de iai-ide
  • Decembro 2014
    • 23
      • Engado un fetaure test.exportsSomething a iai-test. É o último commit que figura no repositorio
      • Engado feature is.EmptyObject a iai-is. É o último commit que figura no repositorio
    • 24
      • Engado o wiki do repositorio de iai no github como submódulo do repositorio de iai
      • Atopo un commit no repositorio de autotest onde engado como submódulos ao repositorio de iai a iai-is, iai-loader, iai-oop, iai-schema, iai-test e iai-util
      • Nesta época andaba aprendendo a usar os submódulos de git, porque tamén figuran un par de commits deste día no repo de autotest sobre fixes en submódulos ^^U

Ano 2015

  • Xaneiro 2015
    • 8: Terceiro tramo do desenvolvemento de dotfiles
  • Maio 2015
    • 6
      • Primeiro draft do que no futuro sería core-log, incluído [tool-callsite] e [tool-sources]
      • Observo no respositorio de autotest o commmit do README de iai que aínda figura tal cual no seu repositorio en github
      • Observo no repositorio de iai-oop “2.0 draft”
    • 8
      • Observo un update de iai-oop nos repos de iai e iai-oop que fai referencia ao engadido de #build feature.
    • 11: #provider con tests :D e #flag en iai-oop, tamén figura no repositorio de iai
    • 15
      • Avances na api do que no futuro sería core-log
    • 20 ao 23: Cuarto tramo do desenvolvemento de dotfiles
    • 23
      • Elimino o submodulo [iai-loader] do repositorio de iai
      • Melloras diversas no que sería core-log: multiline, mute, cores
      • Mención sobre melloras en test-loop, e renomeamento a iai-test
      • Mención a melloras en iai-oop, en concreto a #flag. No repo de iai-oop figura que engadín tests
  • Xuño 2015
    • 1
      • No histórico de iai figura a creación da función read (javascript, streams). Esa mesma que lle suxerín a isaacs XD, teño que recuperar aquel link
    • 2
      • Último apunte no histórico de dotfiles
      • Mención sobre actualizacións en [iai-schema] no histórico de iai
      • Mención sobre engadido de #lazyload a iai-oop no histórico de iai. É o último commit que figura no repositorio de iai-oop
      • Traballo sobre a función read e tests relacionados no histórico de iai

Ano 2016

  • Xaneiro 2016
    • 26: Actualización do submódulo coa wiki (doc) no histórico de iai
    • 27: iai 2016-01-27 17:31 - Refining the iai concept. Related to #8
  • Febreiro 2016
    • 3: Actualizo un link ao philosophy behind the iai term no histórico de iai. Estes días debín andar escribindo
  • Outubro 2016
    • 14: Creación do script principal de iai, e polo tanto orixe de bashido. O commit reza sysadmin automation begins
    • 25
      • Orixe de info(), warn() e fail() na interfaz CLI de iai, que aparte de con bashido tamén ten moito que ver con core-log
      • Creación do script iai-update-musescore para @iaibox, no que vexo enlaces ás instruccións de compilado
  • Novembro 2016
    • 17
      • Figura un commit que podo considerar a primeira categorización por apis de bashido, que daquela metín nun ficheiro ‘General bash helper funcions source file’
      • Aparición da función bash iai() no script principal de iai
      • Figura un commit que reza learning git mergetool
    • 22: Primeiro bloque de tests da lóxica implementada en bashido. Daquela o nome era ‘bashlib’ XD. Isto tamén ten relación con autotest
    • 25
      • Máis tests de bashido, en particular a interfaz orixe de autotest (tested/teskip). Isto lémbrame que autotest naceu dentro de bashido
      • Hai un commit de iai relacionado con autotest en que se menciona o concepto fail early
  • Decembro 2016
    • 1: Máis tests, en particular o mítico diff_test. Isto ten relación con bashido e autotest (mítico para min claro, XD)
    • 2
      • soporte para ler de stind para diff_test. Seguramente investigaba sobre redirección. Parece que esta tamén é a orixe do meu vicio polo builtin test
      • Creación do script iai-test, que nunca evolucionou favorablemente
      • O caos muta en dojo/
      • Aparecen notas sobre a prematuridade en buscar unha estrutura de directorios, e o commit msg é relativamente elocuente: (...) while EVAding cowboy mode as no priority is clear now...
      • Creación de iai-find
    • 16:
      • Bautizo a librería bashlib como bashido no package.json de iai
      • Investigo bastante sobre bash, á luz de varios commits
      • Aparece no dojo gizmotractor e as node-install-notes-for-burzum
      • Hai un merge de shitbook-tools onde aparece autotest.bash, ademáis de varias tools de bashido
      • Aparece ascii-art e notas sobre terminix (agora tilix)
      • Mención a vim-hacking-reference

Ano 2017

  • Xaneiro 2017
    • 27: script control, se non lembro mal unha investigación sobre servicios e init scripts. Creo que inda existe no dojo
  • Marzo 2017
    • 9:
      • Hai un commit cuia mensaxe reza ‘welcome bashido’
      • aparece dojo/chaos
      • dentro da reestruturación do repositorio iai, aparece o directorio bashido
      • Primeira aproximación á forma de importar bashido source $(bashido "api-a-importar")
    • 10
    • 12: Avances de madurez na api de ‘log’ de bashido
    • 14
      • iai creación do directorio abc/command
      • Decisión de favorecer o uso do singular sobre o plural nos directorios
    • 21
      • Cleanup da estrutura interna de bashido
      • iai Aparición do feature ‘abstract’
      • Primeiro commit que figura no git subtree add do repositorio de autotest
    • 22: bashido Melloras na api ‘abc.ansi’, fixes en abc.ansi e assert.lint
    • 23
      • No repositorio de autotest, hai cambios no test ‘check_feature’
      • Hai un commit co profile de ‘terminix’ para bed sessions
      • O comando iai-working convírtese nun builtin de iai
    • 24
      • Hai un par de commits con tidy-ups do dojo de iai, e un da raíz do repositorio de iai no que se move o ‘db’ a dentro do dojo
      • Creo un directorio ‘todo’ no ‘db’ do dojo de iai e anoto nun ficheiro que debería sacar ‘of web-based applications’ da definición de iai. Sorpréndeme ao velo.
      • Traballo no Ficheiro abstract/abstract.md de iai
      • Script para ver cores do terminal iai-colors. Lembro que o adaptei dun ficheiro de exemplo de Manjaro
    • 25
      • preparación renomeamento iai-test → iai-check no repositorio de iai. Isto ten que ver co check-command de autotest e tamén relación con bashido
      • Menciono algo sobre un bug no parseo de argumentos do log
    • 25 e 26: bashido Perfeccionamento dos estilos ANSI do log
    • 26
      • Mención a supernova e fighting frustration. Hai unha serie de comits con fixes posteriores. Claramente perdín traballo por non ter no stage de git algunha cousa e haber executado algún comando que non debía. Teño a sensación de que sería algún rm XD
      • Un mensaxe menciona iai find in
      • Investigo sobre mecanismos para buscar ‘todos’ nos ficheiros usando grep
      • autotest Hai un apunte sobre autotest allin
      • Hai un rewrite potente de iai-check/iai-test
    • 27
      • Retocados os tests de bashido para adaptarse á convención de iai/abc
      • Avances en distintas apis de bashido
      • Empezo a ver protestas sobre a necesidade de manexar TODOS para parar o cowboy-coding (iai-todo). Este script marcou o deseño do sistema de axuda automática basada en comentarios da api de ‘argv’ de bashido, e tamén das capas de autotest.
      • Elimínase autotest de bashido
      • Unha mensaxe reza ‘bashido is now a project on its own’
    • 31
      • categorización da api ‘assert’
      • Sintaxe de puntos para cargar sources, source $(bashido abc.log)
  • Maio 2017
    • 24
      • Mensaxe elocuente: add crazy, stupid, and funny wololo XD
  • Xuño 2017
    • 6: Commando ‘iai dropboxes’. Debeu ser cando creei a conta de dropbox para iai studio
  • Xullo 2017
    • 4: reubicación de funcións de bashido nalgúns ficheiros
    • 5
      • Os commits inducen a pensar que volvín á actividade despois de facer un alto
      • Aparecen iai-tree, iai-ls, iai-wanip e iai-lanip. Claramente andaba perfeccionando as utilidades e customizacións que emprego a menudo no terminal. Isto ten que ver con iai, pero tamén especialmente co abandono de dotfiles e a necesidade de dotconf ^^U
      • A mensaxe dun commit reza que ‘check’ está roto, e que resulta imposible entendelo despois duns meses de inactividade
      • Hai un merge dun branch chamado ‘usermod’ no repositorio de iai
    • 6
      • fixes en check/common e check/command
      • deprécianse algunhas funcións de assert/lint
      • hai un commit curioso sobre example/data/bag. Paxaradas de arquitectura e naming
      • Anoto que debería aprender a usar rsync
      • Fixes no script iai-dropboxes
      • Hai un fix de iai check command que asegura que naquel momento pasaban todos os tests de comandos de iai, e un inmediatamente posterior que di que non se estaban comprobando adecuadamente as dependencias XD
      • Actualizo o procedemento de linting para comprobar a cabeceira, o contido e o final dos ficheiros; nese orde
      • En xeral traballo intensamente sobre iai-lint, ata unha mensaxe reza ‘preparando a Separation of Concerns de iai-lint’
    • 7
      • Renoméase ‘bashido/abc’ a ‘bashido/api’ no repositorio de iai, pero isto obviamente é de bashido
      • Aparece referencia explícita a bashido.require, e refactor ao respecto
    • 8
      • Aprendín a usar a nivel avanzado o parameter substitution de bash para reemplazar o uso de basename
      • Aparecen referencias aos scripts específicos para termux
      • Unha mensaxe reza que bashido provoca un segfault en termux, e posteriormente evolucionan varios tests ata arranxar dito problema
      • Referencias a basic.math de bashido
      • Referencias a basic.path de bashido
      • Referencias a stdio.printy de bashido
      • Exemplos sobre check.command, algo que naceu en bashido pero ten máis que ver con autotest
    • 10
      • Unha mensaxe reza ‘Bashido is now stronger’
      • Modifícase a forma en que se accede ao source code de bashido
      • Aparece a documentación de uso por primeira vez no script principal de bashido, con 4 formas
  • Setembro 2017
    • 7
      • Unha mensaxe protesta sobre a suciedade en cambios que quedaron sin commitear, sen posibilidade de determinar si estaban ben ou nou
      • O contido do commit contén esencialmente cambios en bashido
      • Deleteo o package.json de bashido, non queda claro porqué
      • Empezo a ver merges de ‘develop’, pode que sobre esta época coñecese e investigase sobre o git branching model
    • 9
      • Observo un fix crítico de ‘exit instead return’ no script principal de bashido
    • 13
      • Observo a creación do READMY.md no repositorio de iai
      • Dita creación pasa por unha queixa respecto a que bashido non é unha feature de iai, senón unha librería, e que está almacenada nun lugar inadecuado
      • Elimínase o output de level verbose (VV) por defecto
    • 20: Observo o libro ‘The Linux Command Line’ na raíz de dojo/chaos
    • 22: Engado o builtin iai-status
    • 23
      • Arranxo iai-find para sistemas basados en busybox
      • Investigo sobre as posibilidades de autenticación usando ssh, script iai-ssh-auth
    • 24: Creación de iai-pkg como mecanismo para simplificar a xestión de paquetes
    • 25: Traballo no iai-pkg, e engado apt moo ao db/artii XD
    • 27
      • observo unha queixa curiosa no READMY sobre o chicken-and-egg problem
      • utilidades para manjaro no iai-pkg
      • un mensaxe reza que estaba a piques de wipear @ala-x, e creei no dojo/chaos un openwrt-gpio
    • 28
      • observo un ‘init iaido’, e tamén outra queixa no READMY sobre que se supón debe ser unha librería
      • soporte para iai-pkg en entornos openwrt
      • soporte para dropbear (openwrt) en iai-ssh-auth
      • decidín empregar o estilo javascript standard para ir máis rápido
    • 29
      • soporte para comandos executables (doutros intérpretes) en iai
      • empezo a usar standard en vim vía ALE
    • 30
      • aparece iai-oop como submódulo

      • un commit reza ‘first steps on iaido’

      • Importo moito código antigo en dojo/chaos/iaido, e en concreto mando lib/agnostic/Conf a abc/lib/agnostic.

        Ogallá poda averiguar as datas de todo iso, porque ven TODO o vello de node.js: async/{Heap,IOStream,Notifier,Queue,flow,sequence}, content/{Item,Resource/routes} core/{mil movidas!}, data/{mil máis inc. validators}, db/{Base que basei na estrutura do Cogumelo, driver dummy, driver sqlite}, frontend, middleware, modules, utils…** Unha barbaridade de código, moito válido, desenvolto xa nin lembro cando. O commit é o af092690ad86b29299a872d2d7506ca6f13452a9

      • Melloras en iai-lanip

  • Outubro 2017
    • 1
      • Importo os tests das antigas librerías de node.js a dojo/old-test
    • 24
      • Creación do comando de iai iai-net
    • 31
      • Creación do comando iai-mass-rename a partir do que había no meu repositorio privado de datos
  • Novembro 2017
    • 2
      • Movo iai-lanip e iai-wanip a ficheiro de iai-net
      • Traballo nestas utilidades e aparece tamén iai-net-gate
      • Melloras en iai-pkg para entornos opkg (openwrt)
    • 3
      • Optimizacións de velocidade dalgúns subcomandos de iai-net
    • 6
      • Exemplo do programa de descompresión de ficheiros, baseado no /etc/skel/.bashrc de manjaro
    • 9
      • Elimino o submódulo ‘wiki’ según o histórico de iai
      • No histórico de iai indico que atopo traballo sin gardar en @hopes. Revisando observo que ten relación co gui vía electron, aparte de outras cousas (commit b0b68f1122cb9975e18d272803d15cc983e55189). Máis adiante hai outro commit que reza fix api/gui
      • Parece que este día empezo a traballar sobre pingpong. Importo moitísima mierda de node_modules omg!
      • No histórico de iai indico que elimino os submódulos iai-oop e [iai-schema]
      • Observo que inclúo ultron entre moita mierda nos node_modules. Non lembro ben a utilidade que tiña
      • Hai un montón de commits e merges por mor da catástrofe de engadir node_modules e andar cambiando de dispositivos ao traballar sobre pingpong
    • 10
      • Hai un commit no histórico de iai que reza fix iaido (homenaxe andrade)
    • 27
      • Vexo enlaces novos en dojo/notes/v-links.md`, entre eles referencias a libros sobre deseño
  • Decembro 2017
    • 05
      • iai apunte sobre un fix para iai pkg search en entornos arch (pacman)

Ano 2018

  • Xaneiro 2018
    • 25
      • Creación do comando iai-ssh-auth
      • notas sobre como acceder a ficheiros nun dispositivo MTP (android)
    • 30
      • Soporte a iai ssh-auth para servidores obxectivo que usen dropbear (openwrt)
      • Notas en iai sobre adaptar o comando iai-pkg para android/termux
    • 31
      • Arranxo o que sería core-log para o estilo standard
      • Adapto a proba de concepto [pingpong] para clientes múltiples e dispositivos móviles
  • Febreiro 2018
    • 1
      • observo as primeiras referencias a [keyboard-stream]
      • Mencións a melloras en Router e fixes no comando de descompresión
      • Traballo na función read, refactorizándoa para que empregue Streams
      • Traballo na lóxica de [keyboard-stream] e o conversor utf8keys
    • 2
      • Sigo fuchicando en [pingpong]
      • Comezos do comando iai iai-package
      • Mención á creación da ferramenta packdata no repositorio de iai
    • 5
      • Algo andaba a facer con openwrt no dojo. Mencións a iai-net no histórico
      • Mencións a fixes en Job
      • Primeira mención que vexo nun commit msg sobre browserify :)
    • 6
      • Landscape layout para [pingpong] Mención sobre que estaba traballando coa @shitblet
      • Reubicación de ficheiros e funcións no código do que era [iai-abc] (entre elas [tool-sources]
      • Reescritura do módulo principal de [iai-abc] para adaptalo ao estilo standard
    • 7
      • Parece que monto un cristo en [pingpong] e movo o ‘backend logic’ de lugar
      • Reescritura da api “path” de [iai-abc] para adaptala ao estilo standard
    • 15
      • Parece que traballo plenamente enfocado en [pingpong], investigo máis sobre watchify, websockets, e o stdio de spawn
      • Primeiro borrador de View para browser-side
      • Hai unha mención curiosa a iai-studio e á eliminación do example paxareiro de arquitectura para movelo a dito repositorio. Flipo XD
    • 24
      • Gardo un link misterioso sobre amplificadores rectificadores en v-links
      • Debía andar peleándome coa locura de ramas, porque importo iai-net do branch ‘pingpong’
      • Mención a melloras en iai pkg e o engadido de iai-pkg.pacman.fix-newer-than
    • 25
      • Traballando en [pingpong], menciono que fago decouple de View para frontend e backend e tamén vexo o prototipo de widget de terminal web
    • 27
      • Referencias a melloras en iai-pkg
      • Referencias a melloras en `View
    • 28
      • Referencias a que extraigo a lóxica de View para browser ao directorio iai/api
      • Engado iai-reader e iai-pager
      • Importo o browserify-handbook no dojo
      • Actualizo os process bindings de [iai-abc]
      • Actualizo o Log para que escriba todo en stderr
  • Marzo 2018
    • 1
      • observo referencias aos conceptos ‘answer’ e ‘service’
      • actualización de iai-ls e iai-tree para direccionar a iai-pager
      • Observo unha nota no READMY.md de [iai-abc] queixándome en galego da falta de diferencia clara entre ‘api’ e ‘abc’
      • Hai outra queixa no READMY de [iai-abc] en galego de que “read” debería estar en ‘abc’ e non en ‘api’
      • Rename de Server a Service, a lóxica de websockets de [pingpong] pasa a Service
      • Mención sobre un intento de adaptar o antiquísimo plugin de jQuery iai-navigation (creo que iso o desenvolvín para a web de curricán)
      • fix de [tool-sources] para casos en que existan dependencias circulares
    • 2
      • Parece que estaba inseguro sobre algo chamado View answer (lol)
      • Mención a fixes en iai-dependants
      • mención a unha mellora en iai-reader sobre colorización e pipes
    • 3
      • Mención a un fix en [tool-sources]
      • Mencións a melloras en service.answer, Service, e #service (lol?). Mención a estandarización entre Service-backend e Service-browser e conversión a prototype
      • Mención a decouple iai-api to its own package
      • Mención a renomeado de View a Section para evitar seguir a nomenclatura MVC. Iso é a primeira mención que atopo ao nome de [core-section]
      • Refactor en [pingpong] para arranxar en base a todos estos cambios
    • 4
      • Adaptación da api de core-log para o browser. Notas sobre a necesidade de adaptar util-callsite
      • O paquete [iai-abc] convírtese en “lib” … facepalm
      • Mencións a melloras en service e adaptacións diversas de utilidades para entornos browser
    • 5
      • Mención a decouple de Stdin do widget de terminal, que a maiores renomeo a devtool. Melloras na comunicación en tempo real vía websockets e fix de un bug en readkeys. TELA MARINERA ESTE COMMIT
      • Movo [pingpong] ao directorio app/. O commit reza forget multiple apps
      • Bump do número maior de versión de [iai-abc], por cambios breaking
    • 6
      • Engado tests para cazar bugs de dependencias circulares en [tool-sources], e implemento fixes
    • 7
      • observo a primeira referencia a gulp no histórico de iai
    • 9
      • Hai un fix de iai-find na construcción do argv
    • 14
      • fighting insomnia abstract
      • Refactor importante de [stream-keyboard]
      • Primeiras referencias ao concepto ‘content’ como raíz de contidos (sitemap)
  • Maio 2018
    • 10
      • Comando iai sync
    • 13, 14, 22
      • Mención a iai shitty auth, fixes en iai-sync, creación de iai-net-ping, menciónase o draft de is cloudy en iai-net
  • Xuño 2018
    • Engándense as accións upgrade e cleanup á estratexia para apt de iai-pkg
  • Agosto 2018
    • 16: Aparece un commit que reza old work on iai application. Claramente xa non me lembraba que iso era [pingpong]
    • 25
      • Investigo sobre como streamear audio a través de ssh, commit 05d83a84d4eb97b0febfa56d0b23f172eb84ce4d
      • Investigo sobre a autenticación en Linux usando su e a suite shadow, menciono que debería investigar PAM. Isto desemboca en iai-login
    • 28
      • O día empeza con commits mois elocuentes sobre Origins, como Now main entries ar '0' like Origins. Isto é de autotest pero parece que entrei en barrena renomeando ficheiros index.js a 0.js…
      • Mencións a que [core-section] está vinculada con UI.
      • Convención de expandtab no tail dos ficheiros js
      • Extraigo os tests de [stream-keyboard] do gulpfile, e realizo refactor de dita utilidade
    • 29
      • Mencións a fixes no gulpfile
    • 30
      • Fago limpeza en varios sitios, e adapto algún ficheiro ao estilo standard
  • Setembro 2018
    • 5
      • parto o gulpfile en múltiples ficheiros. Commit d4a3b9ee0db45aa8701efc1dd2db73b2e3f561ce en iai
    • 13
      • Primeiro script de install de iai, bastante rudimentario. Adaptoo para termux e sistemas basados en busybox.
      • Adapto iai-pkg para entornos sin sudo, e doulle a habilidade de destruír paquetes en entornos apt (apt purge)
  • Novembro 2018
    • 11: Melloras en iai ls e iai net
    • 12
      • Fixes para abc.ansi de bashido en terminais ‘dumb’
      • Fixes varios que afectan a tests e saen no histórico de autotest, que me fan pensar que andaba a traballar multi-device entre @ala-x, @mia, e @shitbook
    • 13
      • Avances en iai-sync
      • Fixes para iai en entornos openwrt
    • 23
      • Sigo a traballar en iai-sync
      • Cleanup post-upgrade para iai pkg
      • test absurdo de opengl feito en C

Ano 2019

  • Xaneiro 2019
    • 29: Fixes para iai-pkg en entornos pacman
    • 30
      • Fixes para ansi de bashido cando está deshabilidado
      • iai-view pasa a usar vim
      • Aparición de iai-watch como builtin
    • 31
      • Investigo bastante nos manpages de tput
      • Eliminación de secuencias ansi de bashido que a maioría de programas non entenden como cores
      • Fixes en log de bashido para formateo de múltiples valores
      • Traballo na tontería iai-moods
  • Febreiro 2019
    • 1
      • Refactor do script principal de iai, primeiro borrador de iai render. Figuran melloras en iai status, iai watch e iai pager. Semella que andaba peleándome con urxvt
      • comezo do refactor de autotest (primeiro borrador do test runner)
    • 2
      • Insercións no script principal de autotest entre elas axuda e cli de: autotest, autotest checkup e autotest allin DIRECTORY
      • No repo de autotest figuran fixes no exit status de autotest report FILE
    • 6
      • Mención ao Autotest Protocol v1 no histórico de autotest, pero non é a orixe
      • Melloras para configurar o nivel de verbosidade en iai command, habilidade bail para iai test
    • 13
      • Observo o movemento de todos os tests a test/. Maldito o día
    • 27
      • Habilidade iai test list para ese comando de iai
      • Cleanup dos tests de autotest
    • 28
      • Varios commits no repositorio de autotest que semellan as primeira mención a fighting the cowboy
      • Exemplos varios sobre o protocolo de autotest implementados puramente con echo
      • Elimínase o commando ‘allin’ de autotest
  • Marzo 2019
    • 1
      • Varios commits no repositorio de autotest con máis exemplos e tests usando puramente echo. Os últimos falan de ‘almost done’
    • 2
      • Un commit con múltiples ficheiros no repo de autotest reza fighting the cowboy: chaos pre-antroido
    • 4
      • Un commit no repo de autotest con cambios no script principal reza fucking cowboy, go refactor tests
    • 6
      • Commit sustancial no repo de autotest, onde me queixo de que non estou ‘fighting the cowboy’ e anoto que debería testear autotext
    • 12
      • Rework dos exemplos de autotest, ‘step1: test script’ e ‘step 2: asssert-correct-output-utility’
    • 13
      • Rework dos exemplos de autotest ‘step 3: refactored OK examples’
    • 14
      • rework dos exemplos de autotest ‘step 4: refactored FAIL examples’
      • melloras nos exemplos hardcoded de autotest
      • Engádese a utilidade check-command
  • Setembro 2019
    • 29
      • bashido variable de entorno para máxima verbosidade
      • bashido primeiro borrador da interfaz ‘api.argv’
      • bashido actualización do comando root para podelo reusar
    • 30
      • bashido Melloras na rutina automática de axuda en api.argv
      • bashido Trazados condicionais na api de log
  • Outubro 2019
    • 1: bashido limpeza na saída de log
    • 6
      • bashido fixes e melloras de estilo no log
      • Primeiro commit no repositorio de autotest
      • Commit no repositorio de autotest que reza work over autotest that was @hopes without being commited
      • commits de git subtree add da creación do respositorio de autotest
    • 7 a 11, 19 e 20
      • Split do script principal de autotest en múltiples ficheiros: autotext, autotest, autofail, autoexec, autocode
      • Desenvolvemento principal de check-command en autotest
      • Deseño da interfaz extensible para scripts baseado en É mellor usar as unidades para os casos que para a lóxica de tests
      • Deseño por capas de autotest
      • Desenvolvo a extratexia de parseo de argumentos key=value usando declare. Teño que buscar o link en stackoverflow
    • 18
      • bashido Melloras na saída de axuda automática de api.argv
      • commits de git subtree add da creación do respositorio de bashido
      • bashido Extracción dos exemplos ao seu propio directorio

Creación do repositorio de autotest, 6 de Outubro de 2019

Creación do repositorio de bashido, 18 de Outubro de 2019

Ano 2020

  • Marzo 2020
    • 5
  • Abril 2020
    • 6
      • Único commit no repositorio de util-callsite
      • Primeiro commit no repositorio de core-log
      • Primeiro commit “Version 1” no repositorio de util-ansi
  • Maio 2020
    • 1
      • Anotación save urgently work at shitbook no repositorio de autotest. Creo que esta é a data en que amosa os síntomas de EOL que se mencionan na [autopsia]
  • Xuño 2020
    • 7
      • Engado o feature autotest grep color a autotest
    • 11
      • Desactivo process bindings no github de core-log
  • Novembro 2020
    • 25
      • Creación deste blog. Isto realmente foi un exercicio para investigar sobre o CI/CD de GitLab, pero rematou sendo un proxecto en sí mesmo que me fai certa ilusión.
    • 26
      • Investigo máis sobre hexo, o motor de blogging basado en estáticos que emprego neste blog, e creo a páxina da [bio], pero sin contido de interés.
    • 28
      • Escribo þreludio como recordatorio dun futuro post sobre a teoría do C14
  • Decembro 2020
    • 2
      • Escribo Åctitude e corrixo un par de problemas no blog
    • 4 e 5
    • 6
      • Creación da presente [bitácora], que nun inicio era só unha lista simple de proxectos en base ao que atopei no meu github, e no vault de @hopes
      • Realizo a Ăutopsia de @shitbook e escribo sobre ela.
      • Engadinlle soporte a blog para emojis, usando hexo-filter-github-emojis
    • 7
      • Doulle forma a esta [bitácora], nas dúas seccións que ten agora. No futuro terei que dividila en ficheiros porque xa ten sobre 600 liñas, e as que lle faltan… Farei mención a ela na páxina da [bio].
      • Arqueoloxía do histórico do repositorio de bashido do disco de @shitbook
      • Arqueoloxía do histórico do repositorio de autotest en @hopes
      • Borradores dalgún futuro post sobre estes proxectos que estou a revisar
    • 8
      • Preparación para reinstall de @garda-do-cabo. Estiven a piques de atacarlle, pero ao final deixeino parar para probar ben distintas distros. O plan é usar mint (cinnamon ou mate), ou manjaro con kde. Seguramente tire por mint.
    • 9
      • Despois dunhas probas, decidinme por mint cinnamon dado que vai ser máis simple de usar para os viejos, e reinstalei @garda-do-cabo. Todo ben, menos as peleas coa resolución e a fucking impresora, que quedou sin acabar.

Ano 2021

  • Xaneiro 2021
    • 20
      • Fíx “crítico” no github de util-ansi - último commit
    • 20
      • Desactivo custom warning wrapper no github de core-log - último commit

Ano 2022