Ɍallye

A que segue é a crónica do vivido no II Rallye da Mariña Lucense, escrita por un profano total na materia pero ó que lle sabe como as amoras sentir o barullo dos motores dando gas polas pistas.

A maior parte das notas foron tomadas en tempo real, conforme foi avanzado o día, facendo énfase sobre todo en anotar a forma en que os coches pasaron polos lugares onde eleximos ver as pasadas.


08:20 GMT +1

Mentras lle aplico ao brebaxe clásico da mañá apertrecho o móvil coa lista de inscritos e os horarios dos tramos. Neste momento non o sabía, pero logo enteraríame de que este rallye é de tipo sprint, porque os tramos son cortos e bastante rápidos. No noso caso, como nos cae máis cerca, imos ver como pasan no tramo de Cervo, inda que non é o máis complexo dos 3 tramos. Este artista chamoulle onte TC1 ó TC3 me parece…

😂

Ás 8.30 da sinais por guasá o especialista, parece que espertou a bella durmiente. A ver si vamos á horquilla esa logo ou que, o ano pasado non acertamos ben co sitio e este ten mellor pinta. Según chega xa viña coa transmisión en directo posta no móvil, apretámoslle outro café e arrancamos na furgoneta.

09.30h GMT +1

Chegamos ó lugar indicado e hai un ambientazo que nin dios! Según aparcamos xa sentimos as sirenas do reconocimiento, e cagando virutas po monte jejeje, inda que teóricamente ata as 9.56 non sale o primeiro. Según chegamos había un rapaz co chalequillo que nos escaneou os códigos QR polo rollo da covid, todo moi correcto.

Ás 9.38 volve pasar a asistencia, e ás 9.46 as últimas sirenas. Con cada pasada nótase que a xente se vai animando e están os ánimos exacerbados.

Spot 1 · Horquilla Senra

09.55h GMT +1

Síntese o bruar monte abaixo da primeira saída, e nótase no ambiente. Non tarda moito en aparecer Senra dando gas e boa conta da lama do interior da curva.

O ruso pasa segundo e deuna perfecta e moi ó animal, vaia becerro.

O terceiro viña mais achicao pero deixounos os tímpanos po arrastre jeje.

O cuarto nin tan mal, unha boa patinada. Xa empezan a facer boquete na esquina e a untar de lama o asfalto.

O quinto entrou algo pasado

O sexto deu un bon espectáculo inda que tampouco deu a curva do xeito máis rápido

Decia do anterior pero o sétimo si que derrapou guay

O oitavo parecido, pero xa se nota que os motores non arrean o mismo

O noveno pasa e moi pegado a él xa se sinte o décimo, cortando muy ó becerro. Débenlle ir apretando

No seguinte empezo a fixarme nos números, é o nº 12 e pasa no sitio do 11; e detrais del pasou o nº 15. A ver quen segue a lista agora XD

Pasou o 16, este xa é doutra categoría. A ver si sigue en orden. Correcto, pasou o 17.

O número 18 armou un bo especáculo pero porque casi tira para burela jajajajaja. Seica non ía compenetrado coa copiloto.

O 19 dos berberecho pasou a trompicóns, arrastrando o cu da lancha esa jejeje

Pasou o 20, e o 21 detrais. casi me perdo na lista xa con tanto apellido jajaja, algun número se me escapa.

O 22 ven no seu sitio pero achicado e con pouco peito. Dice o especialista que debe estar algo queimado.

O 23 parecia que se pasaba pero non, sin pena nin gloria.

O seguinte debe vir cerca, que xa o sinto. Ahí pasa, facendo acrobacias de xeito algo torpe XD. Era o 26, o 25 debeu quedar facendo etcéteras na cuneta jajaja, vaia nome lle puxeron á escuderia.

O seguinte viña de paseo, non fichei ben o número pero creo que era o 26

Síntese un becerro ó lonxe, e ahí ben o 28. Este inda lle iba dando brea.

O 29 pasou tamén “correctamente”. Este pensou que era un 106 ó lonxe XD. Ahora teóricamente veñen 4 seguidos, moito tardan XD.

O 30 pasou labrando no rego, xa esta fina a curva de terra.

O 31 tarda en pasar, deu a curva coma si fora un trailer XD. Xa chispea, a ver si aguanta si caer ó bruto. Certo é que non sonan mal os VTS estos.

O 32 pasou asegurando, clavou freno e levantou datrais á dereita. Tardou abondo en pasar, mentras tanto chove finiño xa.

O seguinte pega un bon petardazo entrando, e deuna bastante ben. Pena co que me sabe a min o barullo que non arreara tanto ese motor. Non fichei ben o numero.

Pasou o 34, o anterior debía ser o 33 logo. Agora xa veñen moi espaciados, empeza a rallar a espera. Estase a cerrar a néboa ás nosas costas.

Pasa o 37 cheirando a chamusquina. Debe haber baixas xa XD

Pasou o 24 agora. Debeu ter algunha historia para vir tan descolocado. Chove algo mais gordecho, pero auga fina igual.

O 39 é o que segue, e deuna guay. Inda molaba o color, lembroume ao ibiza amarillo do mítico xogo aquel jeje.

O suzuki número 40 xa viña coas luces postas, parecía que iba pasado pero pegou unha patinada épica para enfilar e levantou o ánimo da tropa jejeje

O 42 viña relativamente cerca. Este sonaba moi becerro, di o especialista que debía fallar un cilindro ou algo.

O corsita dos tino racing a pouco mais e non sube a costa, vai a rastras coma quen di.

O 44 viña moi pegado a el, ben sei que vai ter adiantarlle.

Despois pasa o 46, outra lancha que lle da unha boa limpieza á curva.

O mishubishi 47 deu un derrape con moita elegancia jejeje, como cubicado a compás. Bo espectáculo.

Parece que volven vir pegados, o 49 xa pasa sin darme casi tempo a escribir e ainda molou abondo como a pasou, atravesando largo.

O 51 sonaba guay, pero deu a curva coma un pringao. Ou iba achicado ou algo, porque inscribirse nun rally pa eso xa ves tu. Chívame este que un tal brais (o nº 60, cun 106) é de por acó

O 52 debeu levar un susto xa, pasou daquela maneira e traía felga na defensa de diante. Debeu andar rozando jejeje

Pasa o 55 logo dun anaco, derrapou en plan yeah! pero levaba unhas llamas naranjas horteras

0 capó do 56 rezaba concello de xove jejeje, pasou tan pegado ao anterior que non me deu tempo casi a escribir

Xa sinto o seguinte, non sei que armou antes de entrar o renault nº 57 de colores. Deuna ni fu ni fa, e ó subir sentiuse como frenaba bastante, deben ir con respeto jeje

nº 56 despois muy pegado, sonaba guay. Veñe moi cerca uns doutros agora.

O escort mk1 pasou dando un bo show, mola a saco ese coche.

O 50 ven despois e xa lle falta máis de media defensa datrais e un cacho de maletero, e o cacho que lle queda da defensa á esquerda xa ía colgando.

O Brais ven dando espectáculo tamen, ata fixo ademán de parar a saludar e todo jeje. Veñen apretaos e da pouco tempo a escribir, xa sinto o seguinte.

Era o 62 pasou moi fulero o cabrón XD

O 63? pasa despois, mentras lle presto o mechero a un máquina destes que viñeron todos preparados á praia jeje

O 64 pasa como é debido, dando espectáculo. Levaba colgando por debaixo e contra atrais a chapa, non creo que chegue coa peza á noite.

O 66 pasa despois cunha arrastrada criminal que apouco máis chega á tagea do lado de fóra XD. Así é a gracia. Xa ven outro

O 67 pasa mentras abre o sol de volta, e pega unha sachada ao entrar que debeu quedar fino por baixo. Xa sinto o seguinte, logo non da tempo a escribir XD

68, entrou guay pero esvarou de diante e tuvo que correxir, casi fai a daquel do ano pasado que tiveron que empuxar, pero maniobrou ben e tirou sen máis problemas.

O 69 ni fu ni fa, agora veñen cerca outra vez, así presta mais

O que reza “racing” na luna traseira (xara?) casi deixa a defensa de diante. Sonaba a cafetera

O 71 deuna perfecto pos frikis sin puta idea coma min. Desde logo non é a forma rápida, pero presta máis velo asi.

O 72 xa entrou preparando o show tamen. Viña moi cerca e abreuse adrede para tensarlle, un pouco mais e da o trompo enteiro jejeje

O corsa do nº 73 foi épico! Ao entrar labrando abreuselle o maletero, e mentras subía pola costa ía abrindose de todo e escoitábase á perfección o son dos bombines empuxando o portón jajaja.

O pandita do nº 74 non lle fai nin sombra. Pasou máis achicado que outra cousa, e sonaba moi fulero. Teóricamente falta un, ahí ven xa.

Era o panda do nº 75, non molou moito pero sonaba mellor que o anterior.

11.30h GMT +1

Pararece que xa acabou. A ver se imos ao bar e poño en orden as notas. O especialista escapou cando aínda faltaban varios coches por pasar porque tiña un compromiso, pero no lugar tamén estaba barba e melenas e acércame el. Así puiden quedar facendo a crónica, inda que quedei sen o cámara.

😹

Ás 11:40h inda era cedo para o lugar especial habitual, pero a Pousada non falla e despois dunha voltiña céibanme alí. Toca avituallarse mentras espero a que de sinais outra vez o especialista. A tapiña de ovos recheos sóubome a gloria.

🍺


Preparando a publicación días despois, descubriría que só marcaron tempo 58 coches neste primeiro tramo de Cervo, dos 72 que autorizaron a tomar a saída, pese a ser 75 inscritos. Foron quedando menos dos 67 no TC1 de O Vicedo, e 62 do TC2 de Xove. Nesta primeira volta, 14 coches quedaron fóra.


12:01h GMT +1

Recibo sinais guasaperas do especialista, e non tarda moito en chegar á Pousada. Dalí a un cacho paramos a repostar de verdade no ultramarinos, pan e fiambre non poden faltar na bolsa. Non nos apuramos moito, falta abondo para o TC6 e non temos claro onde ir velos.

Feita a repostaxe no ultramarinos, imos ó lugar máis especial da volta tomar a segunda. Alí entérome de que anularon un dos primeiros tramos, porque volcou un coche. Pouco despois soubemos que foi o TC2 (Xove), e varios días despois puiden comprobar que o último tempo foi o do control 34.

Tamén aquí me entero do recente cambio de Senra a Michelín, da man de dous entendidos que estaban no lugar. Tamén comentaban que a vantaxe en tempo que acumulaba o ruso tiña en parte que ver con que as gomas de Pirelli van mellor en mollado.


13:35h GMT +1

Deunos por investigar un sitio para ver o TC6, un cacho mais arriba da curva do ano pasado. Arrancamos para aló recén pasada a primeira sirena, colleunos a segunda de camiño, e segundo acampamos pasa a terceira. O especialista fíxome acabar a milnove ás carreiras, pero sitio ten pintaza. Ao final barba e melenas & co. animáronse a vir aquí tamén, de feito non recordo ben pero creo que foi suxerencia del pola mañá.

Spot 2 · Panorámica

Viñemos aquí porque enfila un chao que esperamos veñan algo lanzados despois da subida, e tórce de dereitas subindo unha curva medio rápida e con pinta de cabrona. A ver que tal se da.

Spot 2 · Curva

Xa asentados pasa a derradeira asistencia, e detrais un dos verdes. O de tráfico íase partindo o cú cando o animamos jajajaja. O especialista pensou que o estaba grabando pero resultou que non lle deu ó botón a tempo e grabou as nosas risas de despois XD. Unha pena, ese vídeo ía ser épico.


13:48 GMT +1

Da un sol ben xeitoso, e sentimos outra sirena ó lonxe. Mentras agardamos temos posta a trasmisión en directo e oímos nela que tanto senra coma o ruso montaron mollado, pese a que as condicións non son as idóneas para ese neumático. Ás 13.57 e mentras escribo isto pasa outra sirena, e ahí van estes dous apartar un arbol que se deron cuenta que sobraba

😆

Spot 2 · Pisteros vs Árbol


14:08 GMT +1

Sentimos arrancar ó primeiro, ben puntual. O sitio é caralludo, según pasa Senra a gas xa vemos ó segundo do outro lado do río. Cóntanos o da casa, aínda coa funda posta él e mais o fillo, que pola mañá foise un na curva contra os eucaliptos. Nótaselle a emoción cando nos conta que o sacaron eles despois de acabar o tramo co tractor.

Case sin tempo a que acabe a historia pasa o ruso como unha bala de francotirador. Levántache o corazon velos pasar a fuego e o silbido dos turbos ao baixarlle dúas xuntas antes de estrincar o pé para subir. O turbo do ruso ten un son moi diferente aos demáis.

Xa se sinte o seguinte e pasa tan cerca do ruso que logo non da tempo a escribir. Síntense calar os motores cando dan a curva de abaixo do río, na que estivemos o ano pasado. Según pasa o cuarto vemos vir a expedicion da panadería campo a través. Este deu a curva ó animal, e comenta o da funda que o R5 de pola maña fixo unha maniobra parecida e foise.

Ahí ven outro, pero este foi ó seguro. Este sitio mola moito mais pero é casi imposible fixarse nos números aquí jajaja. Este subeu ben pegado ao lado de fóra, a pouco mais meténdose na cuneta. O especialista vense arriba según pasa e arranca cámara en man ao muro donde apartaron o árbol.

O skoda este pasou agazapado coma se fose nun scalextric sin moverse un milímetro curva arriba. Vaia cracks.

O seguinte xa enfilou ben por dentro, como pasan de lanzados por aqui la virgen. Xa dice o capitán funda que agora estan dando moita brasa. A ver cantos chegan ó churrasco da noite.

Pasa outro que casi mete a esquerda traseira na cuneta ó subir, estivo moi cerca. Logo non teño tempo a apuntar, e xa asoma o seguinte. Un EVO petardeando que nin as fallas de Valencia, din os entendidos “a tres pistós ou?”. “Ese vai atravesar tamén!” e dito e feito.

Ven detrais un C2 que enfila forzando abondo, pero ó torcer aguanta ben a trazada sin maior problema.

O 208? que pasa despois deuna bastante rápido e sen problemas tamén.

O seguinte arrimouse á cuneta de fóra que xa pensamos que había que arrancar o tractor de volta.

A sensacion cando frenan e adrenalínica, o silbar dos turbos antes de torcer para enfilar a subida lémbrame ós foguetes silbando ceo arriba para estoupar á novena. Desde logo acertamos co sitio.

Pasa un BMW querendo asegurar pero inda así lanchea ó subir que nin dios. Desde logo os tracción traseira son bestas máis difíciles de guiar. Teño un oco e escribin o párrafo explicando o silbido, porque nos primeiros non me deu tempo prácticamente a nada.

O seguinte en pasar volve poñer a duda dos tres pistós, porque tarda abondo en chegar desde que o vemos do outro lado do río. Pasa lento, dame tempo a verlle o número 22. Deben ter algún problema no Ibiza.

A continuación pasa un Saxo saltando que nin o meu ZX, ía arreando todo o que daba. Parecía 23 ou 24 pero pode que fose o 23 polo son, lembrando o dos VTS de pola maña.

Pasa o 25 rectificando moito, parecía que iba saltar pa afora pero non.

Oímos na radio do coche da organización que sale o 28, miro na lista e pon 106 GTI. Pasa coas catro postas, leva pouco peito pero inda sigue.

O seguinte era o nº 30, según pasa oio na radio “22 meta. Sale 32”. Tarda algo en chegar, e pasa sin pena nin gloria pero dándolle o que da o 106 a secas.

Xusto antes de bruar a seguinte saída pareceme oir “Sale 36” pero era o nº 33. Pasa dando o gas que pode coma os outros 106.

Despois pasa o nº 34 o suficiente a modo como para ler Segade e Muñiz. A continuación o nº 37 da fariña coas catro postas tamén, e o seguinte ven moi pegado. É o nº 24, outro con llamas naranjas horteras. A radio di “28 meta”.

Pasa o 39 dando o gas que pode mentras o animamos. Era amarillo, sería o que me fixei á maña?

Sentimos ao seguinte dándolle brea, e ahí aparece o 41. Lara debía ir cantando perfecto os detalles que subiron esquivando o ramallo que agora xa non está porque o quitaron.

“32 meta, sale 44”. Maria tamén debe cantar ben as curvas que xa os vemos entrar no puente a fuego do outro lado do río. Pasan ó que da o coche, moito mola este sitio.

Os que veñen detrais debe coñecelos a da organización, que atravesa a pista con tempo antes de que cheguen para grabar a pasada. Era o nº 46 o outro BMW que subeu mellor que o primeiro sin atravesar moito, pese a ter tracción de atrais.

Oio na radio “37 meta”, e un un vindo a 3 cilindros pero dándoo todo. Era o nº 42, ía ó que daba e non ha ter fallo que a luna traseira patrocinábaa Recambios Rivas. Deixa un cheiro a gasolina ó pasar que da gloria.

Paréceme oír “sale 45” pero non, era o nº 47. Pasan con medo a romper o EVO, seica deben ir caros.

Oímos ó lonxe o seguinte cortando de mais, din os entendidos que ahí falla algo. É o sierra, débelle fallar o turbo, sube lancheando medio ben pero nótase que vai facendo o que pode.

Parécenos que sona o MK acercándose pero non, era o nº 51. Cheira a queroseno o 306 GTI ese, igual viña despedíndose xa do campeonato.

O nº 43 ven botando fume ata pola ventanilla, parece que ven de paseo co corsita pero pasa dando todo o gas que da.

O nº 55 pasa sonando a silencioso, óese máis o que da saída á vez. Anda ahí o helicóptero controlando. Moito tarda o seguinte, o nº 56 que reza Concello de Xove no capó. Ver volar ó helicóptero é u espectáculo, parece que está facendo piruetas.

O nº 57 pasa dando o que pode, nótase a diferencia de categoría. O 58 enfila o chao sonando potente o turbo e sube sin maior problema.

A continuación vemos o Escort MK, ese si que é un coche guapo. Sube tentándolle abondo ó eixo de atrais, sen perigo pero con tento.

Pasa o nº 50 que leva unha bandeira yanki no capó, sigue a faltarlle un cacho de coche pero ahí vai dando brea ata que rompa todo.

O seguinte arma un estarabouzo que nin dios ó lonxe. Era Brais co nº 60, ahí apoiando á comarca. Sentiuse clavar freno antes de enfilar, seica entraba vendido, e ó torcer subeu arrimando abondo ó exterior.

“43 e 55 meta”. Pasa o suzuki do nº 62 sin peito xa. Danos tempo a comentar chorradas, e acordámonos de Roca do ano pasado, este ano non se apuntou. Hai abondo hueco e volvo oír algo de “55”, igual non era meta antes. O seguinte tarda abondo tamén e falamos do fulano que o ano pasado obrigou a interceptar un tramo, menudo personaje. Oímos saír ó seguinte.

Pasa o nº 66 arrimando fóra que apouco mais hai que ir polas slingas. Despois dun cacho pasa o Civic co rótulo de Tintalúa detrais, deume tempo a sacar un pitillo que tiña liado pero non a encendelo. Inda non oio o seguinte, pero a radio dice “sale 69, 60 meta”. Dalle Brais.

“Sale 70” mentras tanto pasan Rúa e Cabarcos. “62 meta, sale 71”.

Ahí ven 70, un xara. Levaba a aleta tocada. Nótase que fan a de esquivar o árbol pero á noite xa van saber que non está ahí.

“Sale 73” e enfila o punto de Agrobicho o chao. Vemos o corsita amarillo que fixo a xogada do maletero do outro lado do río, e sentimos a un pasarse monte arriba, na horquilla de pola maña.

O corsita ven coas catro postas e arrimou fóra ó subir. Vese pesado e cóstalle. Suxire o especialista meterlle unhas bridas no escape XD.

Pasa o primeiro pandita co nº 74 saltando e medio de lado, naide entende como agarra á pista. Ó nº 75 cóstalle subir, lento pero seguro. Os panda siguen en carrera jeje.

“37 meta”. Preguntolle á da organización pero seica queda algún. Debeume vacilar pola de antes, eso pásame por berrar ó lonxe. Fáltame o paraugas de cores de pelo largo e barba posto na cabeza jaja. Cánta ó lonxe a organización que solo faltan os escobas, non era vacile logo.

15:22h GMT +1

Haberá que esperar á noite. Arrancamos de volta e chegando ó fondo vense as manchas de aceite na carretera. Cando chegamos á curva onde estivemos o ano pasado vemos as rodeiras e queda claro que algunhos arrrimaron ó río o que non está escrito. Literalmente non hai unha micra, algún pasou roda polo aire sobre o precipicio.

Rodeira despois da ponte

De paso que lle mandamos un bocadillo e un refrixerio no lugar máxico anterior, entéremome por un rapaz que estivo nesa curva que houbo 3 que pasaron moi a ras, que non se botaron ó rio de casualidade. Menos mal, eu renegaba da curva esa porque non pasan moi rápido ahí, e si se bota un fóra e non o vexo en directo manda carallo.

Curva da ponte sobre o río


Durante a revisión da crónica comprobei que só 57 coches marcaron tempo no TC4 (Vicedo) (un menos que no TC3), 52 no TC5 (Xove), e 50 no TC6 (Cervo). Un total de 22 coches menos dos 72 autorizados a saír.


17:17h GMT +1

A espera no merendeiro foi amena e a cháchara entretenida, pero o especialista xa está que non caga e despois de coller suministros arrancamos de volta para o mesmo spot onde vimos o TC6. Pareceunos que o sitio podía estar ben para velos de noite tamén.

Ás 17.38h chegamos ó lugar, e enterámonos por teléfono de que na pasada anterior se foron dous en Gondrás. Viñemos abondo cedo, e toca esperar un bo anaco. Xa andamos máis animados por culpa das mil, a ver si non damos máis espectaculo nosoutros que os coches que agora hai público infantil tamén. Entre os vehículos de asistencia deste tramo pasa un con altavoces chamando á responsabilidade do público, todo moi correcto.

🤔

Conectamos a retransmision pero non vai fina desta volta, salta por veces. O pouco do que nos enteramos é de que Senra semella ir conservador e perdeu vantaxe, e que o ruso montara neumáticos de seco. A peque fainos máis lixeira a espera, contándonos sobre un futuro imaxinario nunha praia tropical con palmeiras, mentres cae o sol paseniño entre as silveiras.


18:10h GMT +1

Faltan 12 minutos para a hora marcada e estamos a pensar que agora vai se complicado identificar os coches, sobre todo os do final. En calquera caso tanto da, é o colofón dunha xornada emocionante e divertida.

Cada minuto que pasa baixa un chisco mais a luz, e ás 18.14 pasa outra sirena. Se non é a ultima debe ser a penúltima. Decía o especialista que os íamos ver con luz pero os primeiros xa van ter que lidiar co lusco fusco como pouco. Antes de saír o primeiro xa encende a farola, e a cor da luz xa é máis de fusco que de lusco.

Lusco fusco


Está o capitán funda de pola maña cantando o bingo, pero inda non sentimos a saída. Estamos ansiosos, boureámoslle á organización que lle dea voz á radio e ahí sentimos…

“SALE UNO!!!”

Síntese dar gas e vemos uns faros pasar coma centellas do outro lado do río. Pasa bastante mallado, non tan rápido como a mediodía pero enténdese que sen luz é o normal. Inda non oimos ó ruso, queda moito espacio no medio, só se oe a Senra subindo a Senra, valga a redundancia XD.

Escoitamos a saída do segundo, pero non parece que sone ó ruso. Cando pasa comprobamos que si polo silbido inconfundible. Sona moi becerro subindo ó lonxe, e deberon espaciar mais a saída neste último TC hai moito oco entre coches.

“Sale tres”. Caamaño pasa largao, aprentado abondo. Mola a sensación da cegada según enfilan o chao ó lonxe, e agora hai máis xente e barullo.

18:34h GMT +1

“Sale cuatro”. Pasou coma o tres, dándolle brea. Subeu polo sitio e sin botarse, ben lanzado.

Sona unha bramada aló e debe ser o seguinte. Xa é noite pecha casi, pero queda algo de luz. Déixalle ir un pouco ó cu pero baixa o pé e sube dando gas coma un tren pegado á via.

Agora teóricamente ven no que canta Avelino, e efectivamente di a radio “Sale seis”. Xa sona saíndo, comenta o especialista que estes teñen un onboard do ano pasado. Viñan apretando moito, deben ter os tempos nun puño.

Non oín ben si era o sete, baixa o chao silbando que nin dios e sube pisando hasta onlle deixa. Van na llama para ser noite. O seguinte non me deixa acabar a frase anterior, xa se mestura o son do que sae co do que pasa.

Vemos ó lonxe un que lle cantan os freos e sona a fuegos artificiales. Este silbou que nin dios ó frenar e arrimou á cuneta subindo todo o que lle deu.

Xa vexo do outro lado do rio o seguinte, que entrou cagando ostias coma o resto e a fondo.

Non podo escribir que xa vexo enfilando as luces do seguinte. Debía ser un 208, calquera os conoce sin luz. iba igual de lanzado que os anteriores.

Pasa un fiesta a todo o que daba o motor. Agora xa veñen moi cerca como a mediodía.

Pasa o que parece un Ibiza ou C2, cunha barra de led atravesada, e dice melenas que sonaba a diésel. Parecia xa da seguinte categoría, hai algo de hueco e ven outro, a ver si da tempo a abrir unha.

Pasa un con pouca luz, parecia que ía sin a defensa de diante.

“Catorce meta” e pasa outro saltando coma un lowrider. Subeu ben pero frenou apurado.

Pasou un que parecia o 205 dos 3 cilindros. Debeu apuntar que sacaron o árbol, cerrou moito ó subir e deuna máis rápido que os que a dan abrindo.

O seguinte non parecia seguro pero algo debeu anotar tamén. Nin da tempo a escribir e xa ven outro atravensando o río.

Era un 106, pouco barullo pero pasou rápido para a categoría de coche que é.

Temos un oco para abrir unha rápido e xa pasa outro cunha barra de led de lado a lado. “dieciocho y doce meta”.

Pasa outro cun foquerío redondo e xeitoso do que da gusto ver - non como o led de merda - e dándolle ben.

Sona a que ven un da compra detrais, moi floxo. Ven coas 4 postas, e 4 focos no capó. Berra o especialista que era un saxo dende o interior da curva.

Pasa outro saxo coas 4 postas pero este inda ía dándolle, parece que o problema non era grave.

Pasa un amarillo, e grazas que vin o color XD. Parecía un saxo. Pasa outro saxo, capó blanco, dándolle cera. sona o que parece un 206 ó lonxe.

Era un 208 dice o melenas. Subeu moi lanzado e torceu casi tarde, pero no. Estes non apuntaron o árbol me parece.

Pasa o primeiro dos BMW sin freno de diante xa, botando chispas a do conductor.

Despois o que parece un 205 dándolle brea e cortando gas, non chispeaba pero polo son moito freo non debe levar xa.

Deume tempo a facer un pitillo, e pasa un Lancer EVO conservando.

O seguinte pasa coas catro e sona a que quedou sin cambio, volve o cámara especialista da jungla decindo “a última pasada en segunda!”.

Pasou un que facía pouco ruido, como diría un entendido en coches coma min, e dícenme que era un corsa.

Pasa un 106 sin pena nin gloria, con outra barra de led desas feas. Pasa outro 206 e “sale 57?” non oio ben os números. Pasa un clio e sona un Punto detrais. Estes son 57 e 58 claramente.

Ven o escort detrais, e o certo é que son guapas ata as luces dese coche. A peña está animada.

Detrais del ven o 206 rebentado de pola maña. Non dou escrito e xa pasa outro mais. Chivame melenas que era un 106.

Pasa unha cafetera camiño do supermercado e ven outro detrais que a ver si me deixa escribir. A cafetera seica era un swift e detras vai o civic da telaraña que inda ía dándolle.

O saxo que pasa despois iba de paseo tamen. Sexan estes comentarios con respeto claro está, as comparacions sempre foron odiosas, pero hai quen lle dá brea e quen non lle da tanta.

Sona outro becerro ó lonxe. Pasou e era un Punto, e apunto e punto. Órdenes de barba e melenas, que non trouxo o paraguas, seica quedou no coche XD.

o seguinte que pasa tivo que tocar o embrague para dar subido, pero non traía as 4 postas.

19:24h GMT +1

Díceme o especialista “Vén un panda!” e eu dígolle “non oh non é un panda” e carallo si era! Abríndolle a saco. Unha vez pasa, bérranos a da organización ó lonxe: “A este que ven hai que animalo todos! Chámanlle manguito!” Pensei que sería o coleguilla que grabou pola mañá, e contéstolle “E logo é o BMW que falta?” e vólveme vacilar: “Si! Unha bala roja!”.

Eu dinlle por ben feito pero non era BMW nin gaitas en vinagre, o Manguito conducía un Panda e según o vemos enfilar o chao empezamos a berrarlle coma si non houbese un mañá. Según chega á frenada e a grito de “VAMOS MANGUITO!!” veuse arriba tensandolle e subeu pola curva bandeando que a pouco máis vai fóra o animal, molou moitísimo. Sen dúbida a pasada máis épica da noite, perfecto porque foi o último coche en pasar.

19:27 GMT +1

Antes de arrancar de volta houbo que facer asistencia técnica á pequena estoupapozas jejeje. Feito o cambio de neumáticos de mollado a seco, cortesía da nai, recollemos e imos arrimarnos á estufa do lugar especial habitual, sen présa pero sen pausa, inda co corazón nun puño e comentando a pasada do Manguito.


Mentres remato esta crónica días despois comprobo que só 43 coches acabarían este TC9 (Cervo), sendo 46 os que marcaron tempo no TC8 (Xove), dos 49 que rexistraron no TC7 (O Vicedo).

43 heroínas e heroes que rexistra a clasificación final oficial, na que figuran penalizacións de tempo a catro deses 43 vehículos. Tamén figuran os 29 abandonos, entre os que destaca por desgracia o accidente do que me enteraría ao día seguinte pola mañá no xornal, no que tiveron que excarcelar á copiloto dado o aparatoso do caso. Deséxolle dende estas liñas que se recupere.

Ăutopsia

Hoxe decidín, aproveitando uns días libres, revisitar algún proxecto dos que teño no tinteiro, que poucos non son…

🤦

A revisita acabou en exercicio de análise para decidir cal dos proxectos revisitar, pero esa historia é para despois. O motivo desta entrada é que o exercicio de análise acabou en autopsia….

Autopsia, begin

Hai xa uns meses amousou síntomas de EOL (End of Life). Algún tema de alimentación que lle impedía cargar a batería, e mesmo era preciso sacarlla para poder conectar AC e arrancar. O seu estado fixo que deixase de usalo, ata que hoxe o quixen acender e só chiscou un triste e breve adeus azul do led de encendido.

💔

Incontables horas en moitos lugares merecen un pouco de solemnidade, e quixen darlla a través deste post máis ladrillo do habitual, pola cantidade de momentos que esta máquina compartiu comigo.


@shitbook

É o nome dun netbook que merquei no ano 2011, en pleno 15M. Daquela traballaba na Coruña, e a ocupación das plazas colleume sen portátil. Sempre fun de torres, pero lóxicamente para cambiar o mundo dende a plaza do obelisco precisaba algo portable, e collín o trebello máis asequible que vin na FNAC. Un Aspire One moi modesto que montaba Intel Atom e un triste giga de RAM. Co tempo, esta carencia de recursos fixo que o bautizase como shitbook.

Daquela os meus coñecementos de Linux eran os xustos, pero xa había tempo que renegara completamente de Windows ata o punto de non telo nos meus equipos. O primeiro que fixen ao saír da tenda foi ir ao piso a instalarlle Ubuntu e deletear calquera traza do Win 7 que traía de serie. Naquel entonces era o sistema que usaba tanto na casa coma no traballo, perfecto para iniciados coma min.

Feito isto, arranquei para o obelisco sen saber que aquel sería o día en que debuxaría o organigrama no dia, unha aplicación que me descubriu un compañeiro da que despois sería a Comisión de Comunicación. O curioso do asunto é que dalgunha maneira aquilo marcou ata o punto de convertirme no tipo do organigrama. Unha comedia.

😆

Neste trasto foi onde debuxei o organigrama de Acampada Coruña, cousa épica onde as haxa.

Lembro a M. interesarse polo hardware en canto o sentei no colo e o acendín, e tamén que me preguntou qué opinaba de unity, que acababa de saír. Eu daquela tiña 0 idea, era moi newbie e pouco lle puiden aportar. Días despois nunha de tantas conversas entereime que tiña un blog bastante xeitoso no que segue a escribir.


Anos despois, cando decidín emanciparme de mamá debian e botarlle o ollo a Arch, foi a primeira máquina onde instalei Manjaro. Seguía sendo torpe - e vago - como para montar un Arch de verdade, e o coidada que está Manjaro segue a gustarme ata hoxe. Nesta máquina foi tamén onde probei i3 e coñecín o concepto dos tiling window managers, e o certo é que sigo a usar i3 hoxe.

Manjaro deulle unha segunda vida, e corría bastante lixeiro pese ao limitado dos seus recursos. Desta época lembro un momento moi entrañable, aprendendo a usar o find de GNU a base de ler os manpages en man. Era inverno e estábamos en plena montaña, ao aire libre e ao carón dunha fogueira. Polo lembrar á perfección aquela sensación cálida, o crap crap do lume, e o aroma da leña de carballo facendo brasa…


Volvendo ao fío, que me vou polas ramas, o caso é que @shitbook xa está para o arrastre, ata o punto de que ter que sacarlle o disco para poder bucear nos seus recordos, e chega o momento de operar.

Non é que a operación sexa complexa, pero vencer a ansia de procrastinar ten o seu aquel.

Autopsia, trail

Sen dúbida autopsia era o termo máis adecuado. Tomeime o meu tempo, e deixei cada tornillo - parafuso para os da Real Academia de Gaiteiros - no seu sitio.

Mesmo saquei un par de fotos para probar de paso a ilustrar un post e practicar algo de branching dende @miae.

Antes de conectar os recordos do finado para bucear neles, un dmesg -w deixame boas vibracións ao respecto da saúde do disco. Non podo evitar lembrarme do sensei despois dun lsblk e ver o tamaño que deixei no seu día para a swap

1
2
3
4
5
6
7
$ lsblk
sdb 8:16 0 476,9G 0 disk
├─sdb1 8:17 0 200G 0 part /run/media/lolo/bbfdbbdb-3192-4a23-9820-1fd1cd38ef9a
├─sdb2 8:18 0 1K 0 part
├─sdb5 8:21 0 100G 0 part /run/media/lolo/REPOS
├─sdb6 8:22 0 170G 0 part /run/media/lolo/MUSIC
└─sdb7 8:23 0 6,9G 0 part

Para onde ía eu con 7 gigas de swap?

😂

Sorpréndeme ver o ls /run/media/lolo/REPOS, pero iso é parte doutra historia.

Acabarei facendo unha sección de dispositivos, e entre outras máquinas terá o seu lugar especial @shitbook.

Descansa en Paz

L.

ʘʜɱ

A lei de ohm di que a I produto da R é equivalente á V.

Pero será en termos da I ou R, deixando aparte V

Certamente a intensidade e a resistencia son cousas distintas, e a V algo indistinto.

L.

ɠurus

ɠurus,

esa xente que cre ter razón ou saber e non cae na conta e que a súa opinión é tan in - e - válida coma a dos que ten ao redor.

(emoticono de what?)

E despois, … indiferencia?

Winter is coming

L.

Åctitude

A actitude é a forma en que se decide afrontar unha sensación.

Se non escribín nestes últimos días foi por falta de actitude, non de ánimo, e eu decido a actitude coa que afronto o impasible - e por veces cruel - avance do tempo.

Co novo setup vía termux en miae, non teño excusa.

L.

þreludio

Preludio 41 ou 14 eran bos nomes, cunha ¢ que tivese algún detalle así atravesado.

Nun día destes teño que recuperar aquel resumo meditado e dalgún xeito educativo.

Ese día non será hoxe, imaxino, pero é un exercicio de reflexión necesario.

L.

Ørigin

Este post pretende ser a orixe.

A orixe é aquilo onde algo empeza, e todo - na orixe - é nada.

Para darlle un toque a este post vou tomar prestado algo que eu mesmo redactei hai anos - no 2016 - para o único número que veu a luz do #AFXpress.

A luz que todos levamos dentro é máis forte na escuridade plena, coma a tinta escorrendo no papel branco, coma as ondas vibrando o espectro sonoro no silencio.

A maxia que une o todo e a nada.

Quero aproveitar a ocasión para facer fe de erratas da #filolada que figura sobre estas liñas.

É obrigado decir que quen me abreu os ollos acerca da falta de exactitude da última frase foi un bo amigo con nome de árbore, que ademáis cumple anos nestes días.

A maxia que une o todo, é a nada

L.